Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Dende febreiro: A DXT advírtelles aos propietarios de vehículos sen seguro que poden ser sancionados

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) iniciou unha campaña de comunicación aos propietarios de vehículos sen seguro. Advírtelles que deben contratar unha póliza, pois a partir do 1 de abril poderanse sancionar aqueles propietarios de vehículos non asegurados, que poderán afrontar multas de 600 a 3.000€.

A campaña informativa comeza este mes de febreiro e prolongarase ata marzo. En abril, o Consorcio de Compensación de Seguros volverá cruzar os datos do FIVA (Ficheiro Informatizado de Vehículos Asegurados) e a DXT para corrixir posibles discrepancias.