Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Non conduzas que levas chancletas. As multas do verán.

Contámosche as 5 infraccións máis habituais do verán nas nosas estradas

  1. Conducir con chancletas, descalzo ou sen camiseta. Un calzado adecuado permíteche frear mellor e as camisetas evitan os rozamentos e as queimaduras do cinto de seguridade.
  1. Correr máis do permitido. Ademais de ser unha infracción moi habitual, é unha das principais causas de morte na estrada. Un 39% dos condutores corre de máis, e se entre todos baixamos esa porcentaxe?
  1. Enredar co móbil. Falar por teléfono, “wasapear” Usa sempre o mans libres e para se é necesario.
  1. Tomar alcohol ou drogas. Só entre o 6 e 12 de xuño, 2.283 condutores foron multados por iso.
  1. Mantemento inadecuado. Conserva o teu coche en bo estado, a túa vida pode depender diso.

E cando te multan sen razón?

Só a DXT pon máis de 10.000 multas diarias (á parte da Policía Local). Moitas con razón, e outras, a multa pode estar mal. Se estás seguro de que non cometiches ningunha infracción e te sancionaron, tramita as túas alegacións nun prazo de 20 días naturais. Tes dereito a reclamar.