Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Pertences aos 2,5 millóns de persoas condutoras aseguradas por exceso ou por defecto?

En España 1 de cada 10 persoas condutoras non está asegurada adecuadamente segundo o coche que ten e o uso que lle dá. Existen 23 millóns de vehículos con seguro, pero o 11% das pólizas non están optimizadas. Non se trata de pagar máis ou menos, senón de que o seguro te protexa adecuadamente.

Sabes cal é o seguro adecuado ao coche que tes, a onde vives, á túa idade…? Estas son as 3 claves imprescindibles:

Coche antigo, seguro máis caro

Nada máis sacar un coche novo pola porta do concesionario xa perde valor, valor que vai baixando ano tras ano ata quedar nun 13% aos 10 anos. Canto máis antigo é o vehículo, máis custa o seguro porque aumenta o risco de sufrir un accidente. Segundo a DGT, os vehículos con accidentes de vítimas mortais tiñan máis de 13 anos e fallos mecánicos por desgaste de pezas.

Só se pode rebaixar o prezo da póliza restando coberturas

Ás veces, uns euros máis valen moito. Cando necesitamos da grúa, é preferible que se encargue o seguro antes ca ti.  O mesmo acontece cando salta unha grava e rompe o cristal, ou en caso de roubo, son garantías moi económicas e non paga a pena quitar uns poucos euros a cambio de asumir importes moi elevados cando se produce o dano.

Ata cando o Todo Risco?

A partir do sexto ano o vehículo só vale a metade, ata entón é moi importante revisar tamén as franquías, ás veces son diferentes por cada parte do coche. Despois, o mellor é que revisemos a póliza para ver todas as opcións do mercado. Lembra que somos o teu mellor comparador.

O importante é que te protexas ben e non teñas sorpresas.