Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Regreso ao futuro”

Que prefires unha pensión de ouro ou unha pensión de depresión? Xa podes empezar a botar contas e comprobar canto diñeiro che quedará para seguir vivindo unha vez xubilado. Analiza se será suficiente, toma unha decisión e actúa en consecuencia.

Por que aforrar?

A Seguridade Social é cada vez máis débil. A súa función é protexer, fundamentalmente, os cotizantes, aos que lles garanten ingresos cando se xubilan. Finánciase coa recadación das cotizacións sociais.

Pero… que está acontecendo?

Que o desemprego reduciu as achegas á Seguridade Social.

Que España duplicou o número de persoas maiores de 65 anos en menos de 30 anos. E cada vez nacen menos nenos. En 1975, as familias tiñan 3 fillos de media e hoxe apenas chegan a 1,2. Isto significa que mañá haberá menos persoas traballando.

A pesar de que debemos practicar o carpe diem, a prudencia recoméndanos ser previsores e deixarse aconsellar polos que sabemos diso e preparar un plan de aforro na medida das nosas posibilidades.

Os 3 mandamentos

  1. Segundo a túa idade podes arriscar máis ou menos, como na vida. Os mozos apostan máis, os maiores son máis conservadores.
  2. Mellor que pagues unha cantidade fixa mes a mes. Pero se aínda non aforraches nada, bule que remata o ano.
  3. Mira ben a quen lle deixas que custodie o teu diñeiro. Os “corredores” de seguros só traballamos con compañías solventes, rendibles e honestas. Ningunha delas nos deu un susto nestes anos pasados, cousa que algúns bancos si.

Traza un obxectivo para actualizar as túas reservas de diñeiro e asegura o teu benestar.