Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Se es condutor de primeira… respecta as bicicletas

“Compráceme contarme entre os usuarios de bicicleta tanto nas vías urbanas coma nas interurbanas; non obstante, non me comprace tanto pensar en aparecer, un día calquera, nas noticias deste ou doutro xornal como vítima dun accidente por atropelo dun automóbil, cuxo condutor, por distintas razóns, tan variadas como a mente poida imaxinar, precipitouse contra min, e o que veña a continuación pode ir, dende un gran susto, ata non contar o suceso”.

(José Luis Santos Cela, Diario de León)

Á parte dos domingos, as bicicletas tamén serven para acudir ao traballo ou ir de compras. Non obstante, nas cidades e estradas os perigos perseguen aos ciclistas: coches, autobuses, motos, camións… Poden ser letais cando non se respectan as normas. A convivencia cos condutores non se reduce a máis carrís bici. A solución baséase no respecto.

Os máis débiles

As normas de circulación dos ciclistas din que:

  • Os adultos levarán casco en vías interurbanas e os menores de 16 tamén na cidade.
  • Non poderán usar teléfono móbil nin levar auriculares.
  • Poderán circular polas beiravías de autovías (non autoestradas), agás en caso de sinalización en contra.
  • Na cidade, deben utilizar o carril bici e, se non houbese, irán pola Non usarán as beirarrúas salvo indicación expresa.

Todas as obrigas dos vehículos a motor se resumen nunha soa: os ciclistas teñen prioridade de paso porque son máis vulnerables.

As bicicletas non están obrigadas a contratar un seguro, aínda que nós si o recomendamos. Protéxete dos danos que poidas causar ou sufrir nun accidente (inclúen gastos médicos). Ademais, cóbrete en caso de roubo, paga as reparacións da bicicleta cando non son consecuencia do desgaste habitual e apóiate na xestión de multas.