Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Se foses alpinista, a quen atarías á corda?

Patinar sobre xeo en Finlandia, conducir unha zorra con cans sobre un glaciar en Alasca ou facer bobslead en Canadá son formas exóticas de practicar deportes de inverno. Non obstante, a maioría da poboación española preferimos o esquí ou o snowboard.

Sabes que se producen unha media de 3 lesións por cada 1.000 esquiadores ao día? A maioría son consecuencia da falta de práctica ou inexperiencia. E as máis graves aféctanlle ao xeonllo porque é a parte do corpo que máis presión soporta.

Por iso, é fundamental que vaias correctamente equipad@, con boas pezas de abrigo e que quentes adecuadamente para tonificar os teus músculos.

Esquiar é deporte de risco

Recomendámosche un seguro adecuado ás túas rutinas na neve: se vas regularmente á montaña, se viaxas dentro do país ou se decidiches vivir unha experiencia internacional.

Deberá incluír o pagamento dos gastos médicos (por enfermidade ou accidente), Responsabilidade Civil (polos danos que poidas ocasionar a outras persoas) e protección da equipaxe (en casos de perda ou roubo).

Cando veñas á nosa “correduría” tamén che recomendaremos rescate na pista. É raro que aconteza, pero se chega a suceder deberías afrontar todos os gastos, que son moi elevados. E tamén nos parece moi interesante a repatriación para os que esquían no estranxeiro.

Antes de comezar unha xornada branca, almorza forte. Leva froitos secos por se che dá un baixón e pon protector da pel para non te queimar coa neve.

Por certo, se eu fose alpinista, contestaría ao titular deste artigo atándome á corda dun bo seguro.