Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Seguros de bicicleta, “pracer adulto”

Ir en bicicleta só ten vantaxes: non contamina, permíteche facer exercicio, é san e barato. No mundo hai 1.000 millóns de bicicletas; é dicir, 1 por cada 7 habitantes. No noso país, 3 de cada 4 persoas ten polo menos 1 bicicleta e 3 millóns de españois utilizámola a diario

Hai que asegurar a bicicleta?

 A nosa recomendación é que SI. Sobre todo, se utilizas a bicicleta de forma habitual ou ten un valor elevado. E, especialmente, se tes previsto facer unha ruta de varios días, como pode ser o Camiño de Santiago. O teu seguro pode incluír 3 coberturas básicas:

  • Responsabilidade civil: cobre os danos que lle poidas causar a un terceiro. Pagará por ti o diñeiro da indemnización que corresponda polos prexuízos que poidas ocasionar.
  • Asistencia na viaxe: garante que recibirás atención se sofres un accidente, tanto ti como a túa bicicleta.
  • Defensa e protección xurídica: garante os gastos de reclamación a un terceiro por causarche danos a ti como ciclista ou á túa bicicleta, ou ben as reclamacións fronte a ti polos danos que ti como ciclista lle poidas ocasionar a un terceiro.

Os accidentes poderían quedar cubertos polo teu seguro de Saúde ou Vida. En caso de roubo no rocho ou garaxe privado, tamén podería protexerte a póliza de Fogar, pero non sempre, e cando o fai adoita ser cun límite económico que non cobre o valor real. Coidado!, se gardas a bicicleta nun aparcadoiro comunitario, os seguros de Fogar e Comunidade non a inclúen. O mellor é comprobalo.

Nós recomendámosche que contrates un seguro de bicicleta que che cubra tanto as coberturas básicas, como baremar outras opcionais que che poidan interesar segundo as túas circunstancias e os teus hábitos ciclistas (danos á bicicleta, roubo, discapacidade, gastos por hospitalización…). Achégate ás nosas oficinas e analizamos as opcións que mellor se adecúen.

E recorda pedalear seguro!