Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Con bágoas nos ollos… #ArdeGalicia #ArdeAsturias

Con bágoas nos ollos contámosche dende Galicia ata Asturias, chegando mesmo a León, non arde, ESTANA  QUEIMANDO. Nunha fin de semana a superficie arrasada foi superior á devastada en todo o ano, 11.500 hectáreas. Morreron persoas, rexistráronse feridos, interviñeron 500 militares, 350 brigadas, 220 motobombas….

Os que a queimaron son veciños nosos e iso doe.

Non actuaron cun mínimo de sensibilidade nin responsabilidade.

Como se poden provocar centos de lumes intencionados utilizando como combustible a maleza seca que aviva a chama dos bosques? Son unhas das rexións europeas con máis elevada masa forestal de Europa, pero está desaparecendo. Por culpa da man do home.

Intereses económicos, celulosas de eucalipto, falta de educación, o bosque é meu e se quero quéimoo, pirómanos, delincuentes…

Do pobo para o pobo

Onte atacaron a miña patria e vin o pobo defendela. Sen bandeiras en balcóns… con caldeiros nas mans.

Os veciños organizáronse nas zonas afectadas creando cadeas humanas que trasladaban caldeiros de auga para apagar lumes incipientes en apoio dos bombeiros.

Se por calquera cousa alguén non puido volver á súa casa, eu teño unha cama e podo acoller dúas persoas. Sodes benvidos.

Exemplos de hospitalidade entre veciños, hoteis, taxistas ofrecéndose a trasladar persoas. Todo GRATIS para os voluntarios que loitan contra o lume e para aqueles que o perderon todo pola súa causa.

Máxima difusión. O campo de fútbol estará toda a noite aberto para todas as persoas que necesiten aloxamento, auga e toda a axuda.

Cuartos de forma solidaria. Se alguén está interesado que o comunique por privado.

E tamén apoio para refuxiar os animais.

Dende o club hípico queremos ofrecer, a todo aquel que o necesite, debido a tanto incendio como hai, a posibilidade de aloxar os seus animais nas nosas instalacións.

 Os seguros pagan

Os incendios forestais queimaron empresas e casas. E agora que?

Os afectados contactaron canto antes cos seus “corredores” de seguros. As compañías indemnizarán os danos e as perdas materiais causados pola acción directa do lume. Ademais, asumirán os danos provocados para extinguir o incendio, as minguas dos obxectos salvados, outros prexuízos directos…

Aqueles que teñen casas, cubriralles a reparación da inhabitabilidade do fogar e en moitos casos un alugueiro temporal ata poder resolvelo.

No caso das empresas, as indemnizacións cubrirán a inutilización dos locais, e mesmo outros temas como a paralización do negocio e a perda de beneficios. Así nin traballadores nin empresarios resultarían prexudicados.

Grazas aos seguros, todos os particulares, empresas e traballadores poderán volver á súa vida normal case coma se non  acontecese nada.

Habitualmente, as pólizas (correctamente contratadas) cobren o 100% dos danos ocasionados por un incendio.

Cal é o problema? Segundo UNESPA, o 40% das vivendas non están aseguradas.