Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“É o home do seguro?”, preguntou o secuestrador

Capitán Phillips é unha película de 2013 baseada en feitos reais, onde un grupo de piratas somalís secuestran o capitán dun cargueiro no golfo de Adén. O líder dos secuestradores dille ao protagonista (Tom Hanks) que estea tranquilo porque o seguro pagará.

Desgraciadamente, os botíns dos piratas tanto de mar coma de terra, do noso tempo, son persoas. Existen compañías especializadas que aseguran as persoas que viaxan a case calquera parte do mundo e sobre todo en áreas xeográficas conflitivas como son as costas de Somalia, algúns países centroamericanos e árabes.