Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Os Reis Magos regálannos un novo carné de conducir para 2019

Xa coñecemos o Real Decreto do novo carné de conducir que, segundo a DXT, se aplicará a partir do 1 de xullo de 2019. Destaca a formación obrigatoria teórica presencial de 8 horas e menos idade para algúns permisos.

Fará fincapé nos colectivos máis vulnerables como ciclistas, motoristas e peóns. Analizará os factores de risco (velocidade, alcohol, drogas), as distraccións máis comúns (móbil), seguridade (casco, suxeición…) e as normas de circulación.

Un accidente de tráfico é un problema para a saúde pública con graves consecuencias humanas, económicas e sociais. Nesta formación poderanse incluír testemuños con vítimas de accidentess.

O obxectivo da reforma é “concienciar sobre a necesidade de adoptar condutas ao volante de respecto cara ao resto das persoas usuarias das vías, impulsando valores que fomenten a convivencia”.

Ampliarase o tempo dedicado a realizar o exame teórico. Poderá incluír vídeos para acompañar as preguntas e redúcense os erros ao 10% (antes eran dun 20%).

No exame práctico, cambian os prazos das convocatorias. Quen non aprobe á primeira terá 15 días naturais antes da segunda; 30 días entre a terceira e a cuarta; e 20 días a partir de aquí.

E rebáixase a idade mínima a 18 anos para conseguir os carnés C, D, D1, C+E, D+E e D1+E.