Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Secuestro e Rescate

O 24 de agosto de 2014, o xornalista estadounidense Peter Theo Curtis foi liberado dun secuestro en Sirya. Non obstante, a noticia tivo escaso interese e estivo eclipsada pola decapitación do seu colega James Foley, 5 días antes.

Estes sucesos pódense protexer cun Seguro de Secuestro e Rescate. Son contratados por empresas que envían empregados a países onde a seguridade é difícil de garantir por terrorismo, piratería ou secuestro de reféns que esixen o pagamento dun rescate.

Hai continentes moi complicados como África, Asia e Oriente Medio. Os executivos de alto perfil, os traballadores de empresas petroleiras, construción, telecomunicacións, ou compañías financeiras (xunto aos seus familiares) son os grupos de risco potenciais.

Unha póliza deste tipo cobre: xestión de crise, obrigas legais, rehabilitación, recompensa e negociación.