Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“O amor polos animais eleva o nivel cultural do pobo”

“Un can non é un regalo, senón unha responsabilidade”, este é a mensaxe dos refuxios de animais para este Nadal. E é que a súa incorporación ao fogar implica a toda a familia porque pasa a ser un membro máis. Se alguén non está de acordo, tarde ou cedo será causa de desavinzas e pode chegar a converterse en abandonos. En 2018 foron recollidos 104.688 animais (algúns deles por perdas).

Unha tartaruga bonitísima pode medrar ata 30 centímetros e esixe moita comida. Os papagaios fan anos e os seus sons estridentes molestan. O mesmo acontece co papagaio senegalés que chega a medir 140 centímetros de envergadura e vive dentro dunha gaiola xigantesca. Moitas destas especies exóticas foron abandonadas e isto desestabiliza o noso ecosistema.

Os animais de compañía (cans e gatos son os máis queridos) favorecen a sociabilidade e empatía, pero requiren investimento de tempo e diñeiro. Ao seu lado debemos sentirnos cómodos, o que esixe aprender a compartir o noso tempo para dedicarlles os coidados que necesitan. A cambio ofrécennos o amor máis incondicional que poida existir.

O máis conveniente, é aseguralos para garantir a súa Responsabilidade Civil, saúde, perdas e os gastos de falecemento. No Seguro de Fogar, poden quedar cubertas a maioría das razas de cans, pero o mellor é comprobalo por se é necesario complementalo cun seguro para razas catalogadas como “potencialmente perigosas”. Tamén podes minimizar o impacto económico familiar cun Seguro específico de Mascotas, onde pode quedar cuberta a súa asistencia sanitaria. Consúltanos para comparar as opcións máis axustadas ás túas necesidades.

E agora, estás preparad@ para que medre a túa familia?