Existen seguros extravertidos, rebeldes, astutos e sinceros

Volves á casa, á túa rutina tras uns días de descanso do Nadal e… Horror! Deixaches unha billa aberta ou foi o veciño?

En España, prodúcense máis de 800 incidencias por hora en vivendas (segundo datos de UNESPA). Por sorte, moitos dos contratempos están incluídos no seguro de Fogar que coida a túa casa, o maior investimento que acometemos na nosa vida e unha das maiores fontes de gastos da nosa economía.

Os seguros do Fogar están para protexer a nosa economía na medida do posible cando sofre algún forte impacto con relación a un posible sinistro, pero tamén adoitan ser dos seguros que máis dúbidas lles presentan aos consumidores, xa que contan con numerosas coberturas, pero tamén cunha interminable lista de limitacións que poden provocar contratempos que pensabamos incluídos na nosa póliza e logo non é así.

Existen moitos tipos de seguros: extravertidos (moita leria e poucas coberturas), rebeldes (con garantías excepcionais e inútiles), astutos (parece que protexen ata que acontece un contratempo) e sinceros (coberturas precisas, que sirvan para os intereses reais para os que foron contratados).

Para evitar que tomes decisións erróneas hai que aplicar o sentido común: ser conscientes de qué é o que necesitamos, cal é o noso presuposto, e a que estamos dispostos a renunciar e a que non. Por iso traballamos contigo para analizar algunhas das coberturas máis importantes e, sobre todo, os pros e os contras dalgunhas das compañías que ofrecen os mellores seguros para o fogar. A póliza perfecta non existe, pero si existe un seguro adecuado para cada necesidade. Por iso, o noso obxectivo é elixir o que mellor cumpra coas túas necesidades, se axuste ao teu presuposto e conte coas coberturas que realmente necesitas.

Conseguimos o teu mellor programa de seguros de forma que teñan os custos axustados, sexan eficientes, sólidos e estables para o futuro.