06/03/2023

Diferenzas entre ITV desfavorable e negativa

A negativa implica un fallo moi grave no coche que só se pode mobilizar coa grúa para chegar ao taller. Tes 2 meses para arranxalo ou non volver utilizalo nunca (se o moves, multa de 500 €).

A desfavorable indica defectos leves, como unha lámpada fundida que deberás reparar en 2 meses. Tamén detecta defectos graves, onde só poderás conducir para entrar no taller e regresar á ITV co arranxo resolto (retrovisor roto ou freos en mal estado).

Da favorable nin falamos porque está todo OK.

Categorías