É o que é; nin máis nin menos

Pepe pasouse de listo e asegurou a súa casa por máis diñeiro do que valía. Sufriu un accidente doméstico, foi cobrar e a compañía pagoulle o valor real que era inferior ao declarado. Contratara un sobreseguro. Pensou que pagando máis obtería maior indemnización.

O seu cuñado Manolo creuse máis listo que Pepe e contratou un infraseguro. Pagaba menos porque declarara un valor inferior. Cando tivo un problema, non puido arranxalo porque cobrou a indemnización sobre a base do valor que declarara que era inferior ao valor real.

Ensinanza moral de “Corredor”: Para todos os “cuñaos”, mellor consultádenos antes.