“Naranjas en agosto y uvas en abril”

Non, Danza Invisible non inventou os Seguros Agrarios, pero deberiamos facer un consumo de froitas e hortalizas local e por suposto de tempada. Así que, agricultores permanecede atentos a este mes de xaneiro porque empeza a subscrición das pólizas para moitos destes cultivos.

 

As persoas que traballades o campo temedes os caprichos do clima. Confiades na terra e dende hai algo máis de 40 anos compartides un novo amigo: o Seguro Agrario. Grazas a el, poñedes boa cara ao mal tempo e asegurades a viabilidade económica das vosas explotacións agrícolas.

 

Igual que levades o calendario coas sementeiras e recoleccións, debedes ter presente o calendario de subscrición dos vosos seguros. Ou preferides que as persoas profesionais do sector asegurador se encarguen diso? Contáctanos e falamos.