06/03/2023

“O hábito non fai ao monxe” e se o monxe é afeccionado…

Chega a primavera, e despois de pasar o inverno “invernando”, temos fame de sol, de activar o corpo e poñernos en forma practicando deportes ao aire libre: montaña, sendeirismo, ciclismo, carreira… Para ter unha saúde óptima recoméndase practicar exercicio varias veces á semana, pero comprar un equipamento de marca, nin te converte en “pro” nin te libera dos accidentes e das lesións.

Lamento dicirche que non existe un exercicio 100 % sen riscos. Ben o sabe quen se dedica a iso profesionalmente.

Un Seguro Multideporte, é un Seguro de Accidentes que che cobre de posibles accidentes ou lesións que poidas sufrir mentres practicas algún deporte. Podes contratalo polo tempo que consideres, e pola actividade concreta que vaias realizar. Un día se vas probar a escalar, por exemplo, ou por fins de semana se empezas a saír a facer rutas na montaña, ou decides coller a bicicleta. E cando te animes e teñas continuidade na túa práctica deportiva podes facelo por meses ou ben por anualidades.

E que inclúe?

Pode cubrir hospitalización diaria e asistencia sanitaria por accidente, indemnización por fracturas, danos ao equipo deportivo, Responsabilidade Civil de Terceiros e mesmo rescate.

Ti decides que, cando e onde. Na nosa “Correduría” mostrámosche todas as túas opcións.