06/03/2023

Quería investir, non arruinarme: Seguros de Alugueiro

Cristina, xunto coa súa irmá Patricia, herdaron o piso dos seus pais; Raúl marchou por traballo a outra cidade e tivo que deixar a súa vivenda en propiedade, aínda con hipoteca; e Alfredo, que tiña uns aforros, investiu nunha segunda vivenda. Todos decidiron alugalas, así non estarían desocupadas, cos perigos que iso leva consigo: roubos, falta de mantemento, avarías “invisibles”…; e con iso, ademais, poden pagar as facturas e, mesmo, amortizar as hipotecas. A pesar diso, tiñan medo de que o investimento se convertese nunha ruína.

Cando visitaron a nosa “correduría”, propuxémoslles ter un plan de continxencias coa contratación dun Seguro de Impagamento de Alugueiro.

Como sabes se alugas a un posible moroso?

Facendo un estudo do inquilino; antes de facer o contrato de alugueiro este seguro encárgase de realizar un estudo de solvencia dos candidatos, de forma inmediata e con só uns datos básicos; esta avaliación de inquilinos axuda a minimizar o risco de alugar a túa propiedade, aínda así, ese risco non desaparece.

Todos os gastos legais incluídos ata o desafiuzamento.

Pero que acontece cando se crea un conflito, sobre todo por falta do inquilino que se converte en moroso ao non pagar as cotas mensuais ou, que se nega a abandonar o inmoble a pesar de que rematase o contrato de arrendamento? podemos recorrer aos tribunais e emprender un pesado procedemento para a resolución deste conflito.

E ante esta situación podes facelo ti só cos teus propios medios ou trasladarlle o problema á aseguradora se tes contratado un Seguro de “Impagamento de Alugueiro” que che indemnizará os meses debidos dende o primeiro mes, mesmo se pode incluír o non pagamento de subministracións e ademais serán eles os que reclamarán e defenderán os teus dereitos por incumprimento do inquilino ante o xulgado ata o desafiuzamento, incluídos os gastos de honorarios de avogados, dereitos arancelarios do procurador, custos xudiciais e poder notarial.

Co Seguro de Impagamento de Alugueiro, se o teu inquilino deixa de pagar… ti continúas cobrando as túas rendas mes a mes, sen esperar unha sentenza xudicial.

O número de alugueiros de locais e vivendas está aumentando considerablemente nos últimos anos. Isto débese a cambios nos hábitos dos mozos, a mobilidade laboral e ao comportamento dos investidores. Esta é unha boa noticia. A mala noticia é a subida dos casos que se producen por atrasos ou impagamentos e que a media da débeda está arredor dos 6.000 euros.

Cun seguro protéxense os teus intereses, protexe o teu benestar.