06/03/2023

“Quixen aforrar un par de licenzas para a miña empresa, non sabía onde me metía, literalmente”

E é que, a Pedro, o xefe da empresa, ocorréuselle unha brillantez, aforrar o pagamento das licenzas de varios programas informáticos en distintos equipos da oficina.

Cando o gratis sae caro…

Necesitaba preparar algúns documentos noutros idiomas, utilizou unha aplicación de traducións gratis e non oficial. Copiou e pegou un contrato con datos persoais e bancarios. Obtivo a tradución e gañou unha sanción da Axencia Española de Protección de Datos.

Eva, estaba preparando o lanzamento dun novo produto da empresa, e para iso debía enviar un artigo con vídeo moi pesado que subiu á nube. Alí converteuno en PDF, incluída a axenda dos seus clientes. A plataforma sufriu unha fenda de seguridade e case perde o traballo.

E logo está Leonardo. Leonardo é dentista e traballa cun calendario compartido que, por erro, leron todos os seus pacientes. Leonardo descoñece que ata Google incumpre a xestión europea de datos (aínda que prometeu acatala a finais de 2023).

E entón…

Leonardo creou un problema moi grave porque os datos de saúde son extremadamente delicados. Menos mal que tiña un Ciberseguro que lle prestou Defensa Xurídica e asumiu a súa Responsabilidade Civil. Sen el, tería que pagarlles aos damnificados e, talvez, crebaría.

Hoxe internet conéctanos a calquera recanto do mundo e, á súa vez, abre os nosos dispositivos (ordenador, teléfono, tableta) a calquera rufián. Por iso, o mellor antivirus da túa empresa é un Ciberseguro. Nunca o esquezas!