06/03/2023

Tes un patinete eléctrico? Esta é a normativa básica.

Non podes ir por beirarrúas, zonas peonís, autoestradas, autovías, vías interurbanas en xeral, e túneles de ámbito urbano. Permítese circular por calquera calzada urbana, salvo que a ordenanza municipal estableza outra cousa.

A velocidade máxima permitida son 25 km/h. Non se pode conducir con auriculares postos, nin usando dispositivos móbiles, nin conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas.

Tamén é obrigatorio nos patinetes levar un sistema de freado, que leve timbre e luces traseiras e dianteiras.

A DXT tamén aconsella o uso do casco, aínda que da obrigatoriedade de levalo se encargan as ordenanzas municipais, pero xa sabes que calquera sistema de protección persoal é benvido. E, por último, aconsella un Seguro de Responsabilidade Civil, o que consideramos totalmente necesario, xa que os patinetes provocaron máis de 400 accidentes e 12 mortos.

Tamén é importante que saibas que en importantes foros se recomenda matricular o patinete. Este acto é opcional, aínda que o poden reclamar dende os concellos. Só se pode rexistrar na DXT e é económico, e pode resultarche moi beneficioso, por exemplo, en caso de roubo.

“Non esquezas que es un condutor, a responsabilidade é túa. E, agora, goza da viaxe”

Categorías