02/05/2023

#VanLife: vivir nunha furgoneta

Viaxar é a única cousa que compras que te fai máis rico.

Aventura é o nome da camper de Sol e Xonás. Gústalles levantarse co primeiro raio de luz e deitarse cedo absorbendo os ritmos do sol. Cando van ao mar, o primeiro que fan é ir á praia e mollar os pés. Cando visitan unha cidade, prefiren pasar a noite nos arredores e visitala en bici.

O mundo da caravana é moi saudable, aínda que non todo vale. Para conducir unha autocaravana de máis de 3.500 kg é necesario ter o carné C1, de vehículos pesados, e a velocidade hai que reducila en autovías a 90 km/h e en estradas a 80 km/h, pois os límites de velocidade redúcense segundo o peso do vehículo.

Caravana ou autocaravana?

A caravana non ten motor, non admite pasaxeiros e é arrastrada por outro vehículo, como un coche. No coche poden viaxar tantas persoas como prazas teña dispoñibles.

Non obstante, unha autocaravana é un vehículo que permite vivir e viaxar no seu interior. Admite tantas persoas como asentos homologados teña, segundo a ficha técnica do teu vehículo.

Ollo onde aparcas! Existen espazos habilitados como cámpings e áreas de pernoctación. Tamén tes que distinguir entre pasar a noite e acampar, xa que podes durmir dentro da túa autocaravana ou furgoneta camper en calquera sitio onde non estea prohibido aparcar, e sempre e cando non “acampes”, isto é, non saques ningún elemento ao exterior (cadeiras, toldos, mesmo ventás abatibles…).

E o seguro para cando?

Contrátao antes de arrancar o motor. Á parte das coberturas clásicas (RC, roubo, incendio, vidros, asistencia na viaxe…), nós recomendámosche protexer as ventás e claraboias.

A túa casa está ao aire libre, así que cubre os danos meteorolóxicos e atmosféricos. E asegura os teus efectos persoais dentro e fóra do vehículo, antes que desaparezan as túas bicicletas.

Goza do teu “Movemento Van Life”.