Reencontros e regresos

“Non queremos perder o contacto, despois de todas as aventuras que vivimos e compartimos durante os anos de universidade, así que, 20 anos despois seguimos quedando, agora cos nosos fillos e fillas.

Este ano, e despois de saltar o ano de confinamento, fomos a unhas casiñas rurais na aldea. Unha gran fin de semana, risas, xogos e lembranzas. Aproveitamos ao máximo, pero tocou a hora de marchar.

Tras incorporarme á travesía do lugar un coche veciño saltou un Stop, zas!, deume de fronte, saía fume do motor! Aparquei ben e apaguei o coche. Chamei a Asistencia na Estrada. En tan só corenta minutos, e tendo en conta que estabamos no medio do monte, chegou a grúa e o taxi, que nos levou á casa ao meu fillo e a min.

Grazas ao persoal, máis humano e empático, que traballa na miña “correduría”, ampliei a Asistencia na Estrada: a km 0 e que ademais incluíse vehículo de substitución. Podes quedar a cinco quilómetros de casa, xusto cando vas traballar ou a comprar. Pero, e se quedas a 300 km no medio dun monte? O taxi recolleunos e levounos á porta da casa. E despois, a miña aseguradora proporcionoume un coche de substitución xa que o servizo de grúa, cando se produce o problema a máis de 150 km ten un protocolo de actuación distinto e pode tardar de 3 a 15 días en retornar o teu vehículo.

No meu caso salvoume o meu “corredor”, el coñéceme, sabe que vivo no rural e teño que desprazarme a diario a traballar e a levar o neno ao colexio polo que busco o seguro de coche que máis se adapte á miña situación e que me inclúa o vehículo de substitución.”

4 millóns de condutores necesitarán asistencia na estrada este ano, revisa o teu seguro, para non quedar tirado.

Categorías