Se compras coche por emoción, asegúrao pola razón

Segundo “as trampas do desexo” comprar un coche continúa sendo unha das adquisicións máis emocionais que realizamos na nosa vida. Admiramos a marca, o deseño, a potencia… E dicimos que ten moito espazo, que é cómodo e que os nenos viaxan máis seguros.

A pesar das buscas por internet e das comparativas de prezos en busca de “choios con 4 rodas”, os seres humanos poñemos toda a nosa paixón en conseguir a segunda compra máis importante da nosa vida despois da casa.

Despois chega a hora de contratar un seguro e nese momento a pregunta que xorde é: que é máis conveniente un seguro a terceiros ou un seguro a todo risco? Entre as posibilidades, encóntrase a de pagar máis a cambio de contar con coberturas extras, pero é rendible?

Dende o punto de vista económico, contratar un seguro ou outro depende de varios factores ou casuísticas, e a antigüidade do vehículo é o principal motivo para decantarse entre calquera deles.

O xeito máis rápido e sinxelo de contratar o mellor seguro é que te asesoremos. A nosa “correduría” conta coa mellor tecnoloxía e cun amplo panel de aseguradoras con multitude de produtos que se adaptan perfectamente a cada necesidade. A través noso poderemos encontrar o seguro de Auto que mellor se adecúe a ti en garantías e prezo.

Categorías