No mundo non existen 2 persoas iguais. Existen longas listas de “parecidos razoables”, mesmo se di que todas as persoas teñen algún dobre nalgún lugar do planeta, e non esquezamos os casos de xemelgos idénticos. Aínda así, cada persoa é única, orixinal e irrepetible.
Ti, eu, os nosos seres queridos… merecemos un recordo especial como o que ofrece o Seguro de Decesos. Antes era un Seguro “triste”, chamabámolo “o dos mortos”. Os tempos transformárono nun áxil “todo terreo” que rende tributo á historia dunha vida. Como? Mantendo as garantías de sempre e vestíndose á moda. Por exemplo:
- Deseñando outros tipos de enterros: sostibles, incineracións,…
- Abríndose a todas as relixións: cristiás, laicas, islámicas, orientais…
- Permitindo o “testamento en liña” (por teléfono ou internet) con sinatura ante notario e asistencia dun avogado.
- Xestionando a “pegada dixital” con borrado da nosa vida social-virtual en redes sociais e internet.
- E mentres tanto… asistencia xurídica, asistencia en viaxe, asistencia médica, asistencia psicolóxica, servizos dentais, axuda a domicilio, con opcións para “solteiros”, “sénior” ou mesmo plans familiares.
Unha boa homenaxe de despedida
A cerimonia, o recordo, celebrar a vida, agradecer ternos coñecido. Hoxe, xa non son necesarias as carpideiras, podemos, e debemos, despedirnos tal e como á persoa que marcha lle gustaría facelo. Pode ser cun bo sermón do párroco de toda a vida, pero, tamén pode ser unha reunión de amizades e familiares ao redor dunha árbore para rememorar anécdotas. Ou, mesmo, que unha charanga acompañe o féretro nun coche de cabalos.
Marchar tal e como vivimos. Que te celebren os que te acompañaron en vida. Todo o demais non importa, porque da parte seria, xa se ocupan os Seguros. Axudámosche a elixir ben.