02/06/2022

A-a-a-achís! Saúde 10 para un verán 10

Esbirras, pícache o nariz ou a garganta, tes conxestión e moqueira nasal? Algúns padecen alerxias ao clima ou crónicas (tipo asma ou urticaria). Outros sofren intolerancias alimentarias (ovos, leite, froitos secos,…) ou reaccións tóxicas ás picaduras de insectos.

Para evitar problemas, propoñémosche este Decálogo antialerxias.

  1. Viaxa co informe médico e coa tarxeta sanitaria da familia.
  2. Busca os menús sen alimentos alérxicos, calquera empresa alimentaria que sirva comida non envasada ou a granel está obrigado a especificar os alérxenos nos seus menús.
  3. Existen 14 alérxenos identificados en todas as cartas da Unión Europea. Apunta o nome dos que che fan dano no idioma do país que visites.
  4. Cando o/a teu/túa fillo/a vaia de campamento no verán, advirte aos monitores, déixalles un teléfono de contacto e comproba o seu protocolo de seguridade.
  5. Ten sempre á man medicación de rescate tipo adrenalina ou inhalador.
  6. Polo campo, utiliza cores discretas que non atraian avespas nin abellas.
  7. Mantén a calma se se aproximan.
  8. Se che pican, retira o aguillón, lava a ferida con auga e xabón e pon xeo. Nunca te rasques.
  9. Ollo cos celíacos non diagnosticados. Nin son alérxicos, nin intolerantes. Padecen unha enfermidade que dana o intestino ao inxerir glute.
  10. Non te asustes, existen moitas alerxias raras: ao sol, á auga, á suor, ao exercicio, ao frío e, mesmo, ás ondas electromagnéticas do microondas e de teléfonos móbiles.

Alerxias e o teu Seguro de Saúde

O Seguro de Saúde adoita ofrecer como cobertura a especialidade de alergoloxía. Existen seguros que poderían cubrir as enfermidades derivadas de alerxias, como a asma respiratoria; non obstante, as vacinas para facer fronte á alerxia corren da túa parte. É importante que teñas en conta todas as túas alerxias e enfermidades previas á hora de contratar un seguro e declaralas no teu cuestionario de saúde. Pódense considerar preexistencias. Queres que analicemos a túa situación? Nas nosas oficinas dispoñemos de multitude de ofertas para adaptarnos ás túas necesidades.