01/08/2023

“A auténtica riqueza é ser fillo de bos pais”, Juan Luis Vives

“Empezamos sendo dous, logo tres. Sorpresa! De súpeto e case sen pensalo convertémonos en 5. Pero o noso número redondo é o 6. Benvida!!”

Sabela foi nai de novo, 4 fillas marabillosas, pero ninguén lle resta a loucura que poida levar consigo tanto amor maternofilial… Grandes doses de paciencia multiplicado por amor infinito farán que todo vaia ben. E como todas as persoas necesitamos axuda externa, Sabela ten un Seguro de Saúde que a acompañou durante todos os seus embarazos e, tras cada nacemento, foi incluíndo nel cada unha das súas fillas, porque é moi importante dispoñer dunha atención pediátrica personalizada e rápida, ademais de eficiente.

As nenas e o cónxuxe respectivamente tamén son os beneficiarios do Seguro de Vida que teñen contratado os pais, nunca se sabe, e para o futuro das súas fillas quere unha aposta segura. E que pase o que pase poidan dispoñer dunha cantidade económica para facer fronte á nova situación familiar e supervivencia económica da familia (estudos, débedas, gastos xerais…)

Pero no día a día, o Seguro de Fogar será quen se faga cargo das “leadas” que poidan facer 4 fillas, as súas falcatruadas (esperemos que non moitas) cóbreas a RC.

E co Seguro de Coche, estarán protexidas en todos os desprazamentos, dende ir ao colexio, ao parque ou visitar ás tías e ao avós na vila.

Parabéns Sabela! Cóidate e goza. Dende a nosa “Correduría” encargámonos de que esteades seguras.