03/02/2023

A can ladrador, seguro protector. Obrigatorio!

Non o deixes para onte, a nova Lei de Benestar Animal, que entrará en vigor este ano, obrigarate a contratar un Seguro de Responsabilidade Civil para os teus cans, e este debe incluír a persoa titular como responsable do animal. Ata agora só era necesario para cans “potencialmente perigosos”, pero agora será para todos.

Ollo! En Madrid e no País Vasco o seguro xa era obrigatorio e, se non o tiñas, quedabas exposto a unha multa entre 150 e 15.000 euros.

Por que é obrigatorio?

Polas lesións ou danos que poidan ocasionar a terceiros, ben sexan persoas, outros animais ou cousas. Por norma a RC adoita cubrir indemnizacións económicas que se impoñen aos donos derivadas de danos ou prexuízos económicos causados polo teu can. Desta forma un dano pode ser unha mordida a outro can, ou pode ser un sinistro onde o teu can cruza a rúa e tira un ciclista, ou paseando enrédase cunha persoa e causa unha lesión por caída ou xogando morde algún obxecto que é doutra persoa e produce o dano. Estes seguros cobren os danos económicos que poidan causar aos obxectos ou ás persoas.

O seguro de Fogar é suficiente?

En España hai máis de 29 millóns de mascotas, segundo os datos de ANFAAC (Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animais de compañía), dos cales 9 millóns e medio son cans. O Seguro de Fogar cobre coa súa garantía de Responsabilidade Civil algunhas mascotas, e dentro destas exclúe segundo raza ou características. Polo que hai que revisalo e comprobar que o noso can efectivamente estea cuberto polo noso Seguro de Fogar. Pero, lembra que, a partir da entrada en vigor da Lei de Benestar Animal será obrigatorio contratar un Seguro de Responsabilidade Civil específico para todos os cans, sen exclusión, que afronte os danos que ocasionen, ben sexan materiais, persoais e, mesmo, a outros cans.

Recomendámosche que completes a túa RC Obrigatoria cun Seguro para Mascotas, que inclúen distintas coberturas, ademais da RC e coberturas sanitarias, incluídos supostos de enfermidade ou accidente; tamén indemnizacións en caso de roubo ou extravío. E enterro por falecemento ou sacrificio.

Estarán máis protexidos e ti e a túa familia pasearédelos máis tranquilos.