01/08/2023

A enerxía solar é limpa, renovable e barata. Que riscos debes asegurar?

É certo: Paula viu como un farol con placas fotovoltaicas se incendiaba só. Tes placas no tellado do edificio da comunidade, quizais no teu negocio ou na túa casa? Excelente decisión, pero pensa que tamén crece o risco de incendio das baterías ou na instalación.

As placas solares son un investimento custoso, que a longo prazo supoñen un aforro, pero que debes protexer. Os fabricantes garanten os danos de funcionamento e os defectos de fabricación, pero nada máis.

Un triángulo que aviva o lume

  1. Malas instalacións. Todos se suman a instalar, pero non todos están formados nin certificados para iso. É moi importante que o deseño e a instalación se realice por parte dunha empresa ou instalador certificado.
  2. Falta de mantemento. Un bo mantemento das túas placas solares debe dispoñer dunha boa revisión anual de: cables, conexións, inversores, baterías (só chumbo-ácido), tensións ou correntes, parafusos e toma de terra.
  3. Accesos complicados. Non sempre a instalación das placas está nun lugar de doado acceso para os bombeiros que loitan contra incendios con paneis solares que ademais deben ser conscientes dos riscos de descarga eléctrica.

Recomendación da túa “correduría”

Avísanos se vas instalar fotovoltaicas no tellado da túa vivenda para incluílas no teu Seguro de Fogar ou se se instalan na túa comunidade de veciños, talvez necesites unha póliza exclusiva de Placas Solares. Protexes os danos materiais por rotura (causados por un raio, sarabia, vento…) e, sobre todo, a Responsabilidade Civil polos prexuízos que podes causar se o incendio se estende a outros inmobles ou terreos.

Se xa teño seguro e instalo placas, estarán incluídas automaticamente?

Pois non. Infórmanos sempre na “correduría” para revisar o teu seguro. Pensa que os paneis solares supoñen un incremento no risco de que algo suceda, non xogues con iso.

Categorías