A Hostalería reinvéntase e amplía os seus servizos

Casa Manola, é un bar do meu barrio. De sempre serviron un menú diario, para o mediodía, e tapas para o servizo das ceas. E por suposto, os seus cafés, xantares e cervexas.

Ramón, o dono do bar Casa Manola, decidiu abrir o seu local a semana pasada. Desta forma poderán volver á “nova normalidade”. Intentar recuperar parte das perdas do seu negocio, remontar economicamente e volver escoitar o ruído dos cacharros, as voces e risas dunha clientela fiel.

Son moitos anos dando de comer nun local onde as mesas non van enumeradas, senón que as apuntan co nome dos seus clientes. E precisamente por esta proximidade decidiron reinventarse e ampliar os seus servizos con comidas a domicilio: “Toma a túa friameira”.

Manola, segue na cociña, preparando os seus deliciosos pratos. Ramón, fai os pedidos, e Manuel, o fillo de Ramón repárteos a domicilio. Tamén está Sara, unha simpática camareira, que agora, con todo o seu equipo de protección, serve as dúas mesas na terraza que montaron, e tamén prepara os pedidos tanto para recoller no local como para repartir.

Na nosa “correduría” revisamos e aconsellámolos como actualizar a súa póliza de comercio para que estea perfectamente considerada a garantía de R.C. de Produtos e desta forma, a compañía, encargaríase de asumir calquera reclamación ocasionada polos produtos alimentarios.