04/05/2022

“Á luz da candea toda a música parece fermosa”

Chega o bo tempo e xa empezas a programar a asistencia aos teus festivais favoritos. Uns celebraranse a cuberto e outros ao aire libre. Todos serán un éxito, grandes artistas, grandes bandas, grandes espectáculos que vivirás cos teus amigos ou coa familia. 

Pero… que se esconde detrás deste tipo de espectáculos para que todo saia ben e esteamos ben protexidos se acontece algo? 

Como todos podemos imaxinar, calquera evento que congregue gran cantidade de persoas leva consigo unha gran cantidade de problemas e riscos. Cantas máis persoas sexan citadas, máis crece a probabilidade de que algo falle. A correcta organización dun evento pasa pola previsión, a resolución de todos estes problemas que xorden sobre a marcha e os Seguros que protexen aos organizadores, artistas, traballadores e espectadores. 

Cambios de horario, cambios de espazos e/ou localizacións, caídas e lesións, danos ás instalacións, accidentes de montaxes ou desmontaxes, problemas coas instalacións eléctricas, roubos, intoxicacións alimentarias, climatoloxía adversa, aglomeracións ou desbandadas, cancelacións…  

Os organizadores teñen a obriga de ser prudentes e conscientes de todas as posibles eventualidades para que todos gocemos, esteamos protexidos e… Festa Asegurada!!