04/04/2022

A saúde non ten prezo e quen a arrisca é un necio

Pepe aínda non quería. Eran novos, as 2 nenas demasiado pequenas, pero María empeñouse en contratar un Seguro de Saúde para a familia. Explicoulle os seus argumentos e recitoulle o refrán do noso titular. Hoxe, 25 anos despois, Pepe non se arrepinte e recomenda este complemento tan “saudable” da nosa Seguridade Social.

Sabes como funciona un Seguro de Saúde?

Este seguro encáixache tan ben como o anel que lle regalou Pepe a María: á medida das túas circunstancias.

1º.- Decide as coberturas. Pensa en que momento da túa vida necesitarás atención de urxencias, traslado en ambulancia, asistencia primaria ou especializada, diagnósticos e medicacións, tratamentos especiais ou transplantes, prótese e implantes.

2º.- Queres “todo incluído”? Con asistencia completa (hospitalaria e extrahospitalaria) ou, de momento, prefires sen hospitalización?, que sería a opción extrahospitalaria.

3º.- Que modalidade che interesa máis? Utiliza o cadro médico e a aseguradora aboa directamente os gastos, dentro desta podes mesmo elixir unha modalidade máis económica a través dun sistema de copagamento, onde ti te fas cargo dunha parte dos custos (se utilizas o seguro) a cambio dunha cota máis barata. Ou directamente, podes elixir unha modalidade de reembolso, ti elixes os médicos e centros hospitalarios, faste cargo do pagamento e despois o seguro devólveche o gasto (ou parte deste, segundo o pactado).

Aínda che quedan dúbidas? Visítanos e resolvémolas.