Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A telenovela do coche avariado, o perito e o taller

Cando o teu coche sofre unha avaría hai que levalo ao taller. Se o arranxo o paga o seguro é o perito quen decide canto custa e o tempo que tardará en repararse. Existen programas informáticos que determinan ambos os dous valores.

Que pasa cando o taller ten discrepancias co perito en tempo e diñeiro? Non che afectará como cliente salvo no prazo de entrega que podería atrasarse (aínda que non sempre).

E se non estás de acordo coa peritaxe? Podes contratar un profesional independente que valore outra vez a reparación.