02/08/2022

A túa pel é para toda a vida e ten memoria. Protéxea!

“Teño 25 anos e, como a calquera rapaza nova, sempre me encantou tomar o sol, sobre todo cando empecei a interesarme pola moda. Aí empecei a tomar o sol como unha tola e a queimarme”.

Montse non lle facía case ningún ás reprimendas da súa nai por non poñer crema protectora. Un día creceulle unha mancha na perna. Ao dermatólogo non lle gustou o seu aspecto, parecía un melanoma.

“Non tiña nin idea do que era, pero pola cara da miña nai e a do doutor sabía que non era boa noticia”.

Montse non pactou co sol e o sol converteuse no seu inimigo. Se tes a pel branca, es lour@ ou rubi@ e tes os ollos claros, protéxete máis. Mantente á sombra das 10 da mañá ás 4 da tarde. Viste roupa longa, lentes de sol e crema bronceadora con protección superior a 30. Non utilices bronceado artificial e explora a túa pel en busca de manchas. Nunca esquezas que a pel, ademais de ser o órgano máis grande do noso corpo e o máis exposto, tamén ten boa memoria e lémbrase das horas que te expuxeches ao sol.

Na nosa “correduría” pregúntannos se un Seguro de Saúde inclúe os Dermatólogos. Si, por suposto! Algúns deseñan programas de prevención e ata se ocupan das revisións dos lunares que varían de forma e tamaño.

Os especialistas do seguro tamén diagnostican e curan as afeccións da pel, as mucosas, o pelo e as uñas. Mesmo atenden outras patoloxías como a caída do cabelo, herpes, fungos…

O noso consello: vixía a pel e ante calquera mancha, acude ao especialista. Se non sabes como facelo, consúltanos, podemos revisar o teu cadro médico e as opcións de reembolso.