Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Aforrar non é só gardar, senón saber gastar

Pode ser que a xubilación sexa a idade dourada, vivir tranquilamente sen obrigas, gozando do día a día, non madrugar para ir a traballar. Non obstante, tememos chegar e perder calidade de vida, non poder facer fronte a gastos inesperados, ou mesmo aos gastos habituais. Por iso, é moi importante comezar a aforrar e canto antes mellor.

1.- Plan de Aforro Sistemático (PIAS). Foi creado pola Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, e o seu obxectivo é ofrecer un instrumento de aforro sistemático cuxas rendas están exentas de pagar impostos sempre que se manteña máis de 5 anos e se perciba en forma de renda vitalicia. Ten un límite máximo de achega de 8.000 € anuais e as primas acumuladas non poderán superar os 240.000 € por contribuínte. É rescatable de forma total ou parcial dende o primeiro momento, aínda que perdería a súa exención fiscal.

2.- Seguros Individuais de Aforro a Longo Prazo (SIALP). A Lei 26/2014, modificou a anterior Lei do IRPF, e creou este novo instrumento de aforro, pero neste caso dirixido a pequen@s investidores. A achega non pode superar os 5.000 € anuais, a disposición unicamente poderá ser en forma de capital polo importe total do plan, non disposicións parciais. Este produto garante que se rescatará polo menos o 85% do diñeiro investido. Exento o IRPF dos rendementos sempre que non se rescate antes dos 5 anos.

3.- Plans de Previsión Asegurados (PPA). Están regulados pola Lei 46/2002, de reforma parcial do IRPF. Trátase dun contrato de Seguro consistente no pagamento de capital garantido no momento da xubilación. Non é rescatable, salvo desemprego de longa duración ou enfermidade grave, que non tería penalización.

4.- Unit Linked. Máis que un produto de aforro é un produto de investimento, onde a persoa tomadora do seguro asume todo o risco do investimento. Non existen límites nas achegas e tense total dispoñibilidade sobre estas.

Existen outras modalidades de aforro, como os Seguros de Capital Garantido, Rendas Vitalicias e Temporais, Seguros de Rendas… O máis importante é que a contratación destes sexa o máis personalizada posible, atendendo as verdadeiras necesidades e as circunstancias e para iso, o mellor é acudir a persoas expertas e profesionais como estamos na “Correduría”.