09/06/2023

ALERTA VERMELLA: Abonda xa de INCENDIOS!

É unha tarefa na que debemos colaborar todos porque, no 96 % dos casos, os incendios están provocados polo ser humano e, a maior parte das veces, de forma intencionada.

O pernicioso “triángulo do lume” sostense en 3 piares: a calor (abundante en España), o combustible (árbores e maleza) e un oxidante (que normalmente é o osíxeno).

Neglixencia é botar unha cabicha ao chan. Accidente, unha queima incontrolada de restrollos. E cambio climático, unha causa natural que configura unha paisaxe seca e inflamable.

Para alterar o comportamento dos incendios forestais, é preciso limpar as matogueiras, as plantacións abandonadas e as áreas protexidas. Xusto aqueles terreos abandonados polos seus donos.

Seguros “apagalumes”

Previr grandes incendios custa 2.000 € por hectárea e apagalos 19.000 €. Propóñoche un compromiso coa natureza. Só tes que protexer a túa empresa, a túa casa, as persoas que amas, as túas terras. Cando estamos cubertos e acontece un desastre natural, os seguros inxectan fondos de reconstrución.

Quizais non o percibimos, pero detrás de cada seguro de Coche, de Fogar, do Campo… escóndese unha pequena cantidade coa que o Consorcio de Compensación de Seguros indemniza por danos e prexuízos. Así, custa barato vivir moi tranquilo. Asegúrate!