Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Alguén da túa clase ten un alcume degradante?

“Suicidouse tras ser acosado nunha rede social. Unha nena de 10 anos creou con éxito un grupo en Facebook para humillar a unha compañeira da clase. Gravaron e publicaron unha malleira a outro rapaz. Rirse da gorda da clase…” (Testemuños ciberbulllying.com)

Os teus fill@s volven ao colexio. Oíches falar do ‘bullying´ ou acoso escolar. É un maltrato psicolóxico, verbal, físico ou cibernético prolongado no tempo dentro dun centro educativo. 1 de cada 10 d@s nos@s fill@s padecen unha tortura continuada inflixida por compañeir@s cómplices ou indiferentes.

Seguro que queres publicar isto?

Sé observador/a, algo raro acontece cando os rapaces ou as rapazas teñen medo de ir ao colexio, descende o seu rendemento académico, dormen ou comen mal, non explican que lles acontece ou chegan á casa con negróns ou rabuñaduras.

Instagram activou unha alerta para disuadir @s acosador@s. O 42% d@s acosad@s recibiu ameazas por esta rede social. Desde este verán, advirte se realmente queren publicar unha mensaxe ofensiva: “a nosa misión é conectarte coas persoas e as cousas que amas”.

Tod@s debemos extremar precaucións para detectar o bullying. Se se produce, fala co profesorado. A industria aseguradora tamén se sensibilizou con este asunto e xa existen Seguros de Fogar que inclúen asistencia xurídica para toda a familia e máis concretamente os Seguros de Protección Xurídica Familiar, tamén o fai a través dos Seguros de Saúde, onde se encontra a especialidade de psicoloxía. Se non os tes, consúltanos. Podemos axudar ao teu fillo ou á túa filla.