12/12/2022

As luces de Nadal devólvenme á infancia

En moitas ocasións, ao chegar o Nadal, invade a nostalxia, e unha época tan bonita e “cálida” convértese nunha canle cara á tristura, e custa manter o espírito do Nadal. Non obstante, decorar a túa casa, animarte con panxoliñas, algunha reunión coa túa familia e achegados alegrarante e remontarás cara á felicidade.

Quizais prefiras saír de vacacións. E, nese caso, deixámosche 2 recomendacións:

  • Desenchufa as regretas e os electrodomésticos que non utilices. Así evitas gastos e incendios.
  • E pecha ben portas e ventás para evitar roubos ou filtracións de auga.

Se todo isto falla, queda tranquil@ porque o teu seguro de Fogar protéxete.