01/12/2021

Asegura o teu futuro, canto antes mellor

“Un soldo para toda a vida”. Unha coñecida marca de café soluble utilizou esta campaña publicitaria. Non sabemos se o café prolonga a vida ou non, pero está claro que, ás persoas cafeteiras, un bo café, engádelles calidade.

E realmente, iso é o que todo o mundo queremos, unha longa vida, feliz e de calidade. E xa sabemos que “o diñeiro non dá a felicidade”, pero ben é certo que axuda. Cando chegamos á idade de xubilación, non sabemos se a prestación será suficiente, xa non só para manter unha determinada capacidade adquisitiva, senón se, en caso de necesidade económica, imos poder estar á altura.

Por exemplo, necesitar unha persoa para coidarnos ou axudar a coidar a nosa parella. Poderiamos custealo? Que unha determinada condición sobrevida nos obrigue a reformar a nosa vivenda para que sexa máis accesible, mobilidade reducida ou mesmo respiradores.

Ben, o Sector Asegurador ten moitas alternativas para axudarnos, na etapa da nosa vida que debería ser a máis tranquila, segura e acomodada.

Temos moitas opcións que se poden adaptar ás túas necesidades e situación familiar, como son os Seguros de Vida, Plans de Pensións, Seguros de Capital Garantido, Seguro Individual de Aforro… entre outros.

Soña e planifica o futuro que desexas, nós podemos darche a orientación profesional que necesitas. Achégate ás nosas oficinas ou chámanos, expón as túas circunstancias e as túas preocupacións, axudámosche a encontrar a mellor solución para ti.