“Asegurado de Incendios”

No século XIX comezaron en España os seguros de Incendios. As compañías colocaban un distintivo co seu nome nas casas protexidas. O confinamento destes meses reduciu a superficie queimada do noso país un 33%. Pero… Coidado!

Estes días, a vexetación creceu moito e a previsión augura un verán moi seco e cálido. Polo tanto, aumenta o risco de incendios. O 96% son provocados por persoas e, a maioría, por non respectar as normas. Sexamos prudentes e coidemos o noso sistema de vida.