02/01/2023

Así cobrei o meu Seguro de Vida e aínda estou vivo

“Non o sabía, pero os vivos tamén podemos cobrar o seguro de Vida. O meu nome é Xoán e, no meu caso, cobrei debido a unha enfermidade que derivou en invalidez. Grazas ao empeño do meu axente de seguros para incluír a invalidez cando contratei hai uns anos o seguro de vida, agora puiden ter o diñeiro necesario para facer as obras na miña vivenda para adaptala ao meu problema de mobilidade e a axuda que necesito para os meus coidados, e un colchón económico para afrontar, durante un tempo, a nova situación económica que vai sufrir a miña familia sen os meus rendementos. Este problema, non só nos afecta a toda a familia emocionalmente, tamén teremos que afrontar a nova realidade persoal e económica. Neste caso, o meu seguro garantiu os ingresos necesarios para a nosa supervivencia”.

Espera o mellor, pero prepárate para o peor

O Seguro de Vida é un contrato que paga unha indemnización a un ou varios beneficiarios. Neste caso, o beneficiario é Xoán (o tomador), pero tamén podería ser a súa familia ou calquera outra persoa designada por Xoán.

Vida só hai unha: cóidaa, cóidaos

Reflexiona sobre estes beneficios e, despois, decide:

  • Garantes uns ingresos en caso de enfermidade, invalidez ou falecemento para ti ou a túa familia.
  • Non poderán embargar a túa indemnización, aínda que deixes débedas pendentes.
  • Pode supoñer beneficios fiscais.

Unha dúbida, pódese cobrar máis dun Seguro de Vida?

Por suposto! De feito, unha persoa pode protexerse con varios. Por exemplo: un vinculado á hipoteca que liquidará co banco, outro que pode ofrecer a empresa onde traballas como retribución e outro propio para completar unha boa indemnización que garanta a túa supervivencia económica en caso de enfermidade grave ou invalidez e a dos teus se faltas.

Como saberei se un familiar directo o tiña no momento de falecer?

Consultando o Rexistro de Seguros de Vida que depende do Ministerio de Xustiza. Alí gardan os datos durante 5 anos. Ollo! non che facilitarán o nome dos beneficiarios, aínda que si o da aseguradora. Deberás acudir á compañía para saber se ti estás designado como tal.