Así se viaxa no verán

Á parte da revisión técnica do teu vehículo no taller, duns pneumáticos en bo estado, e de levar o teu seguro ao día, deberás ter en conta estes consellos:

  • Hidratarte con auga, zume ou bebidas isotónicas para evitar o sono.
  • Conducir con lentes de sol (non che doerá a cabeza) e parar cada 2 horas.
  • Manter o climatizador entre 21 °C e 24 °C.
  • Di a Lei que a equipaxe debe gardarse no maleteiro e non solta polo habitáculo. Unha tableta de 500 gramos, transfórmase nun mísil de 28 quilos a 60 km/h (o peso multiplícase por 56).
  • Aparca á sombra. En poucos minutos, un coche ao sol alcanza 60 °C. Nin se che ocorra deixar mascotas ou nenos dentro. Antes de subir, baixa as xanelas e acende o climatizador ao tope.

Boa viaxe!