Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Así será a “desescalada” dos campamentos de verán máis seguros da historia: “Acampadas Anti-Covid-19”

Este verán os campamentos serán confinamentos a ceo aberto con controis exhaustivos das persoas que entran e saen. O Colectivo Nacional de Campamentos de Verán, redactou un “protocolo seguro”. O primeiro requisito é unha “declaración responsable dos pais” onde garanten que o menor non contactou con enfermos de Coronavirus e que non presenta síntomas na súa chegada.

Fases de desescalada

Na fase 1 permitiranse actividades ao aire libre con 50 nenos do mesmo municipio, con 1 monitor por cada 6 menores, durante 4 horas, sen comida nin cea.

Na fase 2 poderán participar 80 nenos da mesma provincia, con actividades tamén en espazos pechados (e ventilación constante). Permitirase durmir cunha ocupación do 50% e 1 persoa por liteira. Na fase 3, asistirían ata 100 nenos.

Seguros por lei

Todos os campamentos deben contratar un seguro de Responsabilidade Civil que garante: asistencia sanitaria e accidentes dos participantes, responsabilidade civil do organizador, dos monitores e dos alimentos e bebidas que tomen.

Este ano, farase fincapé nas medidas de prevención hixiénico-sanitarias, intentando crear “espazos protexidos de Covid-19”.

Para que os teus fill@s estean protexid@s.