Autónom@, ti si que vales!

O 72 % das persoas que traballamos como autónomos temos medo a enfermar e ter que parar de traballar para recuperarnos, non só pola enfermidade, senón tamén pola perda de ingresos que nos supoñería (Estudo Nacional do Autónomo). Se estivésemos de baixa por enfermidade, a maioría cobrariamos entre 609 e 708 € mensuais (porque o 86 % cotizamos pola base mínima).

Unha enfermidade, un accidente ou unha baixa son incompatibles co noso traballo. A noticia sarcástica do boletín de humor El Mundo Today queda curta: “Nunca enferman. […] Os autónomos son capaces de subsistir sen ter asegurada a subministración regular de ingresos e comida”.

Cada vez que remata un ano e empeza un novo é momento de facer plans para os 12 meses que están por diante. No caso dos autónomos o mes de xaneiro é o momento perfecto para revisar como foi o ano anterior e fixar novos obxectivos de cara ao período que está por diante.

O que está claro é que os autónomos non nos rendemos doadamente, así que a gran maioría seguiremos loitando con uñas e dentes para manter os nosos negocios. Se neste ano 2022 non podemos crecer, polo menos debemos asegurarnos de que dentro de 12 meses poidamos seguir dedicándonos á nosa actividade profesional.

Os riscos aos que se enfronta calquera actividade empresarial son demasiado importantes como para deixalos nas mans da “letra pequena”. Consúltanos, podemos atender calquera necesidade, negociar as condicións máis vantaxosas para a túa empresa e acompañarte permanentemente cando acontece o sinistro.