02/08/2022

“Camareirooo… Queee…? Unha de cherna! Unha de cherna?”

Se che digo que en España temos 100.000 bares máis que camas de hospital.

Que somos o país con máis bares do mundo con 277.539.

E que só na zona madrileña entre Atocha e Antón Martín existe máis hostalería que en toda Noruega.

Gústanos a esmorga, charlar, rir, comer, beber e, se é nunha terraza, mellor. O clima e os bares garanten a diversión. Tomamos un viño c@s propietari@s de “Casa Xoán”, “Pedro dígame” e “Consuelo por favor”, a quen axudamos cos seus Seguros. Na “Correduría” quedamos moi tranquilos, pero eles estano máis.

Di Xoán, “os nosos produtos e a nosa atención son de primeira, e agora, ademais, sabemos que ante calquera imprevisto estamos protexidos”.

Cóntanos Consuelo que “un cliente pode esvarar no baño e caer. Os seguros de Hostalería indemnízannos ante estes contratempos”.

Pedro aínda vai máis lonxe, cre que os seguros “nos salvan en situacións imposibles. Unha noite marchou a luz e estragouse a comida refrixerada. Cando abrimos pola mañá todo funcionaba correctamente, pero interrompérase o proceso de frío e non nos decatamos. Produciuse un brote leve de intoxicación alimentaria e as reclamacións foron atendidas igual que o custo dos alimentos que tivemos que retirar en canto detectamos o problema. Grazas ao noso Seguro, que xestionastes dende a ‘Correduría’, resolvestes o problema inmediatamente e nós continuamos cos servizos de comidas e ceas”.