07/10/2022

“Cando a cabra se pon a esbirrar, o tempo vai mudar”

Chega outubro e con el as alerxias outonais. Fannos esbirrar, moquear e lagrimexar sen aviso previo. Sabías que un condutor alérxico ten máis risco de accidente? Ao esbirrar perdemos a visión da estrada, de feito, ao encadear esbirros sen parar retírase a atención da estrada ata 15 segundos.

Entón recomendámosche 2 visitas para axudarche a viaxar máis seguro:

  • A primeira: ir ao médico para que che faga un recoñecemento e valore os medicamentos que che poden axudar a suavizar os síntomas das túas alerxias. E, sempre, é mellor comezar o tratamento dous ou tres días antes de iniciar unha viaxe pois os efectos sedativos diminúen ao adaptarse o organismo.
  • A segunda: ir ao taller para que che poñan un filtro especial para poles para que bloqueen o pole e outros contaminantes e che garantan aire limpo no interior do vehículo, teñen unha eficacia de filtrado de ata o 98,5 % das partículas menores dun micron.

Á parte disto, mantén limpo o coche por dentro e lembra que o teu Seguro de Saúde ofrece como especialidade a alergoloxía.