Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Carnaval, quérote

Carnavais de Tenerife, ano 2013, 22:15 h da noite. O traxe de Carnaval de Saida Prieto Hernández incendiouse coa chispa dun canón de lume frío pirotécnico. En segundos, a rapaza comezou a arder. Non podía zafarse porque estaba suxeita ao cinto de seguridade do traxe. As lapas creceron ata os 10 metros de alto. Un bombeiro, un técnico de son e ela mesma conseguiron, por fin, soltar o cinto.

Sufriu queimaduras nun 42% do seu corpo e a súa familia tivo un ataque de ansiedade. Afortunadamente hoxe, ela está perfectamente e continúa participando nos Carnavais, a súa gran paixón.

Os traxes das candidatas a raíñas do Carnaval pesan uns 200 quilos cada un. Están confeccionados con plumas, pedrería… e teñen un valor moi alto. Adoitan protexerse con 2 seguros: un particular de danos (segundo o seu valor económico) e outro de Responsabilidade Civil polos danos que poidan causar.

Un evento público con carrozas onde participan moitas persoas debe anticiparse aos imprevistos que poidan acontecer e para iso están os Seguros de Responsabilidade Civil de Eventos Públicos.

Ademais, é preciso adoptar outras medidas de seguridade: cubrir os cables e as baterías, incluír extintores nas carrozas, protección para evitar que se acheguen ás rodas, garantir que os materiais utilizados son ignífugos e transportar o número de persoas adecuado.

Carnaval, carnaval… cantando, bailando

e orellas e filloas papando.