04/02/2022

Catástrofes a todo risco

Aviso a navegantes, as catástrofes climáticas multiplicáronse por 5 no último medio século. A partir de agora serán máis frecuentes e graves por culpa do cambio climático: sufriremos máis ondas de calor, fortes temporais, incendios forestais e secas. En definitiva, fenómenos meteorolóxicos extremos máis frecuentes e intensos, con todo o que iso leva consigo.

En 2019 as DANAS inundaron España, en 2020 azoutounos o temporal Gloria, en xaneiro de 2021 Filomena pintou as rúas de branco e pechamos o ano co volcán de La Palma. Só o custo destas catástrofes suma 13.000 millóns de euros.

A boa noticia é que os sistemas de alerta a tempo salvaron moitas vidas. E tamén que os seguros te protexen fronte a fenómenos naturais. Explicámoscho:

  • Chuvia: danos directos sufridos polo efecto da auga nos teus bens asegurados, ocúpase o teu Seguro.
  • Inundación: danos materiais provocados polo asolagamento do terreo consecuencia da acción directa das augas de chuvia, desxeo, desbordamentos ou embates do mar, ocúpase o Consorcio de Compensación de Seguros.
  • Vento: danos por ventos de máis de 120 km/h, o Consorcio de Compensación de Seguros. Danos por ventos de menos de 120 km/h, o teu Seguro.
  • Seca: danos provocados en colleitas e arboredos asegurados consecuencia das secas, ocúpase Agroseguro.
  • Xeadas: danos nos cultivos das colleitas e arboredos asegurados, ocúpase Agroseguro.
  • Sarabia: os danos provocados polo efecto directo da sarabia ocúpase o teu Seguro.
  • Neve: danos por efecto directo da neve, ocúpase o teu Seguro.
  • Terremotos e Maremotos, así como Erupcións Volcánicas: será o Consorcio de Compensación de Seguros quen se ocupe de indemnizar polos danos materiais sobre os bens asegurados, tamén dos danos persoais das persoas aseguradas.
  • Raios: dos danos producidos, sobre bens e persoas aseguradas, por impacto directo do raio ocúpase o teu Seguro.

Así te protexemos. Dende a nosa “Correduría” de Seguros ocupámonos das túas preocupacións. Achégate ás nosas oficinas e contámoscho.