06/07/2022

Chamáronme do banco

“Chamáronme do banco, ofrecíanme un seguro para os coches. Así téñoo todo centralizado na súa aseguradora, tería vantaxes económicas, un desconto na prima de todos os meus seguros.

E pregunteilles que por eses 5 € menos que pagaría en cada un dos seguros qué me ofrecían, non souberon responderme.

Lin ‘contos’ polos ‘amarres de amor’ que fan algunhas persoas para que as súas parellas non os deixen. Non falaron co banco, eses si son amarres, amarres que saen mal.

Comprei a miña casa, con toda a ilusión, onde vivo coa miña familia, pedín hipoteca, que me concederon, pero a cambio dunhas condicións máis favorables tiña que contratar os seguros de Vida e tamén o do Fogar. Dende que teño a hipoteca tiven que recorrer ao Seguro do Fogar en dúas ocasións, e as dúas veces o Seguro non cubriu os sinistros, un pola instalación eléctrica, e outro por subministración de auga. O Seguro alegou que os responsables eran as empresas subministradoras. Con estes rexeitamentos decateime de que estabamos desprotexidos ao 100 %, as persoas da entidade bancaria que me “condicionaron” a ter con eles o seguro, agora desentendíanse en defender os meus intereses, iso non é parte do seu traballo, cumpren coas cotas de venda ás que os obriga a súa entidade, sen máis. Vivo no campo, é unha parcela con subministracións propias, horta, galiñas, árbores froiteiras, e as miñas oliveiras. Teño unha balsa de auga, ademais dun almacén para as miñas ferramentas. Todo isto ademais da miña vivenda, o meu fogar. E que teño cuberto? Pois resulta que ao ‘meu banco amigo’ só lle preocupa que a miña casa se queime, e que non poida seguir pagando a hipoteca, se é habitable ou se non temos auga corrente ou electricidade durante dúas semanas dálles igual, ademais do desastre que supón na miña economía familiar.

Chamei á miña “Correduría”, onde teño ben asegurados os meus vehículos, e coñécennos, a toda a familia. Só quero vivir sen sobresaltos cun seguro que vele por min e resolva as miñas preocupacións e os meus problemas.

Fixemos números, a penalización do banco por cambiar o Seguro do Fogar compensa completamente coa seguridade e protección que a partir de agora terei na miña casa. Agora teño cuberto dende a entrada á parcela ata o último metro de valo. E é que cando persoas profesionais se interesan de verdade pola miña situación e circunstancias, e non intereses propios, podes obter unha verdadeira protección.”

Solución do teu “corredor”:

Luisma contounos os seus problemas, así que revisamos as pólizas que tiña contratadas a través do banco, fixemos números, a penalización do banco por cambiar o Seguro do Fogar compénsao completamente e agora teñen un fogar máis seguro. A súa casa, dende a entrada ata o último metro de valo, o que hai dentro e quen aí convive están completamente protexidos.

Agora imos polos Seguros de Vida, os que protexerán á familia en caso de que aconteza algo. Si, á familia, e non ao banco, pero este, é outro tema.

Categorías