04/04/2022

Chuvia a gusto de tod@s?

Dicía Delibes que “se o ceo é alto é porque o levantaran os agricultores de tanto miralo”. E teñen as súas razóns… As chuvias entran de abril a maio e saen dende agosto ata outubro. Para sementar, a terra necesita sol e para florecer, auga. Cada estación alimenta o seu clima.

A auga é unha bendición e, se non chega, invocámola. As tribos indíxenas rezaban pregarias. Nalgunhas rexións de España colócanse 2 cebolas na ventá máis elevada da casa. As novas tecnoloxías de xeoenxeñaría invítannos a sementar nubes: China pulveriza ioduro de prata nas nubes para provocar precipitacións. É manipulación climática. Aínda que os seus países veciños o chaman “roubo de chuvia”.

Chover ou non chover e aquí o dilema

Con inundación ou seca, con que tellado cobres a túa explotación agraria ou industria alimentaria?

O paraugas máis eficaz é un bo seguro (en cultivos e animais). Con el protexes os danos materiais de colleitas, árbores, gando e negocios, por chuvias, desxeo e desbordamentos. Tamén poden indemnizar polos accidentes e falecementos de persoas e animais provocados pola auga.

Ademais, cando acontece unha gran catástrofe natural (seca ou inundación) intervén o Consorcio de Compensación de Seguros. Pero xa sabes, sempre é necesario ter contratado o seguro específico. Nas nosas oficinas encargámonos de todo, dende a emisión da túa póliza, ata a resolución do sinistro.