07/10/2022

Coas lentes sucias non vexo

E co limpaparabrisas en mal estado tampouco. Por iso, a DXT recomenda “cambialos todos os anos, mesmo cada seis meses, pois a calor e a sucidade deterioran a goma”.

Os “limpa” permiten boa visibilidade con chuvia ou en pistas con moito po. Para que actúen correctamente, revisa o depósito da auga: mellor cheo que medio baleiro. Recomendámosche mesturar produtos que melloren a limpeza e, con frío, engadir anticonxelante.

Tamén existen líquidos que fan esvarar as gotas e que impiden aos mosquitos pegarse ao cristal.